Letras iluminadas (obradoiro de dourado)

Martes, 6, 13, 20 e 27 de novembro de 2012
-
de 17:30 a 19:30 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Ángeles Galán e Ana Camiñas
Público:
Adulto (previa inscrición)
Prazas:
15
Prezo:
30 € (Amigos Museo: 25 €)
Lugar:
Foro do museo

Durante séculos, as letras iluminadas, orlas e outros elementos ornamentais enriquecidos con ouro e cores brillantes utilizáronse para obter un espectacular efecto nos manuscritos. Usando o pergamiño como soporte, e ouro fino e o temple, o alumno coñecerá a técnica da iluminación.

Impartido por Ángeles Galán e Ana Camiñas.

Organizado polo Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e o Concello da Coruña.

SESIÓNES DO OBRADOIRO :

Martes, 6, 13, 20 e 27 de novembro de 2012

RESERVA DE PRAZA* :

. Desde esta web (pulsar aquí)

. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)

*NOTA: Prazas limitadas, por rigorosa orde de inscrición. Para formalizar a matrícula, o interesado deberá recibir a confirmación da reserva da praza antes de proceder ao abono do curso mediante o procedemento que se lle indique. As datas poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.