NOITE DE CONCERTO: Bigmike's Dixie Five
O Museo de Belas Artes da Coruña celebra a Noite dos Museos o 23 de maio cunha programación especial e apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.
O lema deste ano "Museos unindo un mundo dividido" refírese ao papel dos museos como pontes entre as divisións culturais, sociais e xeopolíticas, fomentando o diálogo, o entendemento, a inclusión e a paz dentro e entre as comunidades de todo o mundo. Como espacios públicos de confianza e lugares de aprendizaxe, os museos contribúen á coexistencia pacífica e ao respecto mutuo.
No concerto deste ano invitamos ao grupo Bigmike'es Dixie Five, unha agrupación musical dedicada a preservar e difundir o jazz tradicional de Nueva Orleans, coñecido popularmente como Dixieland. A banda destaca pola súa energía desbordante e a súa fidelidade ao son dos anos 20. O seu repertorio rinde homenaxe aos grandes pioneros do xénero, transportando ai público directamente ás animadas rúas de Luisiana a través da improvisación colectiva e ritmos sumamente contaxiosos.
Data: Sábado, 23 de maio
Horario: 21:30 horas
Entrada libre ata completar aforo