A noite dos museos

1¡9 de maio de 2012
-
20:00 - 24:00 horas
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral. Entrada libre
Prezo:
gratuíto
Lugar:
Museo de Belas Artes

A NOITE DOS MUSEOS

19 de maio de 2012

O Museo de Belas Artes súmase á celebración europea da Noite dos Museos, o 19 de maio de 2012, que anuncia e complementa o Día Internacional dos Museos. Por ese motivo o museo abrirá de forma excepcional desde as 20:00 ata as 24:00 horas durante o cal se ofrecerá ao público que se achegue ao museo as seguintes actividades extraordinarias:

19:00-20:30 _ Arte en familia (obradoiro para familias con nenos a partir de 5 anos)Escapar dun labirinto, voar como paxaros, ver a Hércules conducir un carro de cabalos polo ceo son algunhas das imaxes que miraremos en familia no Museo. Á vez, coñeceremos sorprendentes historias sobre seres mitolóxicos que farán bulir a nosa imaxinación. Despois, no obradoiro, deberemos acceder ao oráculo, seguir a súas insólitas propostas e resolvelas a base de creatividade. Inscrición gratuita, previa presentación no mostrador do museo 15 minutos previos ao inicio da actividade.

20:00-20:45_ Obras con historia (visitas guiadas)Percorrido temático destinada a todos aquelesvisitantes que se acheguen ao Museo para facer una aproximación totalmenteorixinal á súa colección permanente. Durante a visita o público gozará dacontemplación dunha serie de obras significativas e pertencentes a diferentesépocas e estilos, para coñecer a súa orixe, significado e función, facendo unespecial fincapé na súa historia particular, desde que foron creadas ata quechegaron ao Museo.

Acceso libre gratuíto. Punto de encontro na entrada do museo á hora do comenzo de cada visita.21:00 _ Jazz no museo: Concerto de jazz a cargo do grupo invitado FRIKTONEConcerto de jazz para o público en xeral no salón de actos do museo, que correrá a cargo do grupo invitado Friktone, trío dormado por músicos procedentes de diversos estilos: Fito Ares (A Coruña)-Saxo y Flauta, Risto Vuolanne (Finlandia)–Contrabajo, Fernando Lamas (A Coruña)-Batería.O repertorio do grupo baséase en composicións propias e adaptacións de temas con influenzas que van desde o jazz europeo, funk, música improvisada, clásica e música africana, tendo como factor común a improvisación colectiva e o concepto de grupo.Acceso libre ata completar a capacidade do local.22:30 e 23: 15 _ Visitas máxico-guiadas (coa participación do mago Martín Camiña)Francoise Lafayete, presentador de circo e buscador de rarezas, guiará aos visitantes a través da maxia que se agocha en cada recuncho do Museo, un enclave cheo de segredos e sorpresas…Pases: ás 22:30 h e ás 23:15 horas. Acceso libre, previa presentación no mostrador do museo 15 minutos previos ao inicio de cada pase.