A NOITE DOS MUSEOS

O Museo de Belas Artes súmase á celebración europea da Noite dos Museos, o 16 de maio de 2014, que anuncia e complementa o Día Internacional dos Museos. Por ese motivo o museo abrirá de forma excepcional desde as 20:00 ata as 24:00 horas durante o cal se ofrecerá ao público que se achegue ao museo as seguintes actividades extraordinarias:
20.00 e 21.00 h Visitas teatralizadas Abierto por obras
A compañía Teatro en tu casa representará en distintos puntos das salas do museo tres dramatizacións creadas a medida, e directamente vencelladas á colección,ou gardando algunha relación cos espazos e coas instalacións do propio edificio.Faranse dous pases das tres escenificacións.
Entrada libre ata completar aforamento
22.30 h Rock no museo May Thai & Los Torino Rockets
Os membros de May Thai e os Torino Rockets ofrecerán un concerto no que ademais de interpretar rockabilly puro, o heteroxéneo dos seus gustos musicais failles abrir a súa música ao swing e ao blues.
Entrada libre ata completar aforamento