NOITE DOS MUSEOS: Museo a fondo "Bodegón" (Sala 2)

23 de maio de 2026 12:00, 18:30 e 20:30 horas
-
Este formulario aínda non foi aberto a envíos.
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor / Docente:
Antía Lavandeira
Público:
Xeral
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Lugar:
Sala 2

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos o sábado, 23 de maio cunha programación especial e con apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.

Os museos son pontes entre as divisións culturais, sociais e xeopolíticas, fomentando o diálogo, o entendemento, a inclusión e a paz dentro e entre as comunidades de todo o mundo. Como espacios públicos de confianza e lugares de aprendizaxe, os museos contribúen á coexistencia pacífica e ao respecto mutuo.


O Museo a fondo: "Bodegón"

Coas visitas didácticas ‘O museo a fondo’ propoñemos deternos nunha obra procedente dos fondos do museo para descubrila cunha mirada atenta. 

Nesta ocasión presentaremos un bodegón do recoñecido pintor español Juan van der Hamen y León. Unha pintura do século XVII que permaneceu durante moito tempo nos fondos do museo e que, grazas a un magnífico traballo de restauración, recuperou todo o seu esplendor para poder ser gozada polo público dentro do percorrido da Sala 2.

Data: 23 de maio de 2026
Horas: 12:00, 18:30 ou 20:30 horas.

Inscrición:
  • Todas as visitas son de balde previa inscrición que se abrirá o martes 19 de maio ás 10:00 horas.
  • A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario web (un por cada persoa  participante) e indicando a QUENDA HORARIA escollida.
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo. 
  • No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.