NOITE DOS MUSEOS: Museo a fondo "La Artista" (Sala 4)
O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos o sábado, 23 de maio cunha programación especial e con apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.
Os museos son pontes entre as divisións culturais, sociais e xeopolíticas, fomentando o diálogo, o entendemento, a inclusión e a paz dentro e entre as comunidades de todo o mundo. Como espacios públicos de confianza e lugares de aprendizaxe, os museos contribúen á coexistencia pacífica e ao respecto mutuo.
O Museo a fondo: "La Artista"
Coas visitas didácticas ‘O museo a fondo’ propoñemos deternos nunha obra procedente dos fondos do museo para descubrila cunha mirada atenta.
Nesta ocasión achegarémonos a “La artista”, do pintor palentino Serafín Martínez del Rincón y Trives. Unha pintura do século XIX que recentemente se incorporou ao Museo de Belas Artes como depósito do Museo del Prado e que pode verse na Sala 4.
Data: 23 de maio de 2026
Horas: 12:00, 18:30 ou 20:30 horas.
- Todas as visitas son de balde previa inscrición que se abrirá o martes 19 de maio ás 10:00 horas.
- A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario web (un por cada persoa participante) e indicando a QUENDA HORARIA escollida.
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.