O Museo da memoria (DIM 2013)

18 de maio de 2013
-
de 11:30 a 13:30, ou de 17:30 a 19:30 h.
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
José Castro
Público:
Infantil (de 6 a 12 anos)
Prazas:
15 + 15
Prezo:
gratuíta
Lugar:
Museo de Belas Artes

O museo da memoria

Actividade para nenos e nenas de 6 a 12 anos, que consiste nunha visita polas salas do museo e na realización dun taller.Partindo do lema escollido polo ICOM para o Día Internacional dos Museos do2013 “MUSEOS (MEMORIA+CREATIVIDADE) = PROGRESO SOCIAL" propoñemos unha actividade que pon en valor o museo como institución onde conservamos a memoría, e lugar no que fomentamos a creatividade. Durante a visita comentaremos entre todos diferentes cadros, a través dos cales descubriremos  costumes, modos de vida e formas de pensar de homes e mulleresque viviron en épocas pasadas, e que son ben diferentes ás nosas. Despois da visita, realizaremos un taller na que os participantes, a través das súas creacións artísticas, deixarán testemuña de como é o noso mundo actual, contándolle así como é o noso mundo ás xeracións que virán detrás da nosa. Data e horario:Sábado 18 de maio de 2013, DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOSQuenda de mañá, de 11:30 a 13:30 hQuenda de tarde de 17:30 a 19:30 hRESERVA DE PRAZA: Prazas limitadas (15 pola mañá e 15 pola tarde), por rigorosa orde de inscrición. . Desde esta web (premer aquí)  [Indicar se se escolle a quenda de mañá ou de tarde]. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns 13 a xoves 16 de maio de 9:30 a 14:00)