O MUSEO A FONDO. Juan van der Hamen. "Bodegón"
Desde o Museo de Belas Artes da Coruña continuamos coa serie de visitas didácticas tituladas ‘O museo a fondo’, unha proposta que nos convida a deternos en obras procedentes dos fondos do museo para redescubrilas cunha mirada máis atenta.
Desta vez, presentaremos un bodegón do recoñecido pintor español Juan van der Hamen y León. Unha pintura do século XVII que permaneceu durante moito tempo nos fondos do museo e que, grazas a un magnífico traballo de restauración, recuperou todo o seu esplendor para poder ser gozada polo público dentro do percorrido da Sala 2.
Xoves e sábados ás 18:30 horas
Abril: 16, 18 e 30.
Maio: 2, 14, 16, 23, 28 e 30.
Inscrición previa
Información xeral:
· A visita ten unha hora de duración, cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 15 persoas.
· A inscrición abrirase o luns de cada semana, ás 10 horas, a través do formulario da páxina web do museo.
- Todas as visitas son de balde previa inscrición que se abrirá o LUNS previo a cada xoves e sábado, a partir das 10:00 horas.
- A inscrición realizarase a través do seguinte formulario.
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e que poidan asistir outras persoas.