O MUSEO A FONDO. Serafín Martínez del Rincón y Trives. "La artista"

Xoves e sábados en semanas alternas (consultar)
-
18:30 h
Sentímolo ... Este formulario está pechado a novos envíos.
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prazas:
15
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Sala 4

Desde o Museo de Belas Artes da Coruña iniciamos unha serie de visitas didácticas tituladas ‘O museo a fondo’ coas que propoñemos deternos nunha obra procedente dos fondos do museo para descubrila cunha mirada atenta. 
  
Nesta ocasión achegarémonos a “A artista”, do pintor palentino Serafín Martínez del Rincón y Trives. Unha pintura do século XIX que recentemente se incorporou ao Museo de Belas Artes como depósito do Museo del Prado e que pode verse na Sala 4.

 

Xoves e sábados ás 18:30 horas
Marzo: 12,14, 1, 26 e 28
Abril: 9, 11, 23, 25
Maio: 7, 9, 21 e 23

Inscrición previa

Información xeral: 
· A visita ten unha hora de duración, cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 15 persoas. 
· A inscrición abrirase o luns de cada semana, ás 10 horas, a través do formulario da páxina web do museo.

 

Inscrición:
  • Todas as visitas son de balde previa inscrición que se abrirá o LUNS previo a cada xoves e sábado, a partir das 10:00 horas. 
  • A inscrición realizarase a través do seguinte formulario. 
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo. 
  • No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e que poidan asistir outras persoas.