OBRADOIRO DE PINTURA Percepción e creatividade
Unha maneira práctica de aproximarse á colección do museo, na que descubriremos as claves e as formas nas que os artistas interpretaron ao home e o seu entorno. Na primeira parte do obradoiro farase unha presentación e explicación das obras seleccionadas e, na segunda, os nenos realizarán a súa propia obra plástica. Prazas limitadas, con inscrición previa.RESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.es . Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.