OBRADOIRO EN FAMILIA: Máis aló dos lenzos

18 de maio ás 12:00 h e 24 de maio de 2025 ás 17:30 e 19:30 h
-
Sentímolo ... Este formulario está pechado a novos envíos.
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Arkhé Espacio Educativo
Público:
Nenos e nenas de 4 a 12 anos acompañados dun adulto
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio e a Noite dos Museos o seguinte sábado, 24 de maio cunha programación especial. Ademais, o 24 de maio haberá apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.

Os museos son máis que espazos de conservación, son activos partícipes na configuración de comunidades. E, como motores culturais que son, deben xerar espazos e dar respostas, dunha forma sostible e inclusiva, a unha sociedade cada vez máis diversa.


Máis aló dos lenzos

Os espazos inmersivos, espazos de desenvolvemento artístico, de co-creación e de xogo, son propostas deseñadas a modo de escenografías, que invitan a descubrir e explorar libremente. Están concibidas para ser habitadas, utilizadas e modificadas polas persoas que as transitan.
En Máis aló dos lenzos, as propostas de luz, color e o uso das proxeccións apórtannos coherencia e globalidade, e inspirarán a nenos/as e adultos/as a crear e experimentar con materiais que pouco ou nada teñen que ver cun lenzo en branco.

Día dos Museos: 18 de maio, de 12:00 - 13:30 horas.
Noite dos Museos: 24 de maio, dúas quendas: de 17.30 - 19:00 ou de 19:30 - 21:00 horas.

Inscrición:

 OBRADOIRO DO SÁBADO 24 DE MAIO COMPLETO

  • Todos os obradoiros son de balde previa inscrición:
    • Obradoiro do día 18 de maio: apertura da inscrición o luns 12 de maio ás 10:00 horas.
    • Obradoiros do día 24 de maio: apertura de inscrición o luns 19 de maio ás 10:00 horas.
  • A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario web (un por cada neno ou nena participante) e indicando o DÍA e a HORA escollida.
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo. 
  • No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.