OBRADOIRO EN FAMILIA: Os camiños da arte
O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos o sábado, 23 de maio cunha programación especial e con apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.
Os museos son pontes entre as divisións culturais, sociais e xeopolíticas, fomentando o diálogo, o entendemento, a inclusión e a paz dentro e entre as comunidades de todo o mundo. Como espacios públicos de confianza e lugares de aprendizaxe, os museos contribúen á coexistencia pacífica e ao respecto mutuo.
Os camiños da arte
Este obradoiro parte dunha selección de libros e dunha pregunta: como organizarías ti un museo? Falaremos dos criterios que soen empregarse na organización dos espazos artísticos para logo ver outras formas de relacionar unhas obras con outras. Para iso empregaremos unha coidada selección literaria e artística que nos permitirá deixar voar a nosa imaxinación e dar pé a otros diálogos entre as obras, outros camiños que abran novas exploracións de ida e volta.
Noite dos Museos: 23 de maio, dúas quendas: de 12.00 - 13:30 ou de 17:30 - 19:00 horas.
* PRAZAS VACANTES DE ÚLTIMA HORA!: inscrición no teléfono 881 881 700 ata unha hora antes de comezar o obradoiro.
- Todos os obradoiros son de balde previa inscrición que se abrirá o martes 19 de maio ás 10:00 horas.
- A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario web (un por cada neno ou nena participante) e indicando a QUENDA HORARIA escollida.
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.