OBRADOIRO FAMILIAR: Unha obra agochada | Programación G-NIGHT 2026

25 de setembro
-
18:00 a 19:30 horas
Este formulario aínda non foi aberto a envíos.
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña e Universidade da Coruña (UDC)
Monitor / Docente:
Mercedes Seoane Bouzas (Terapeuta Ocupacional, Facultade de Ciencias da Saúde, Universidade da Coruña)
Público:
Familias con crianzas de 6 a 10 anos
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña colabora coa G-NIGHT 2026 coa realización dun obradoiro familiar.

Unha obra agochada é unha experiencia participativa que convida as familias a descubrir unha obra do museo sen vela inicialmente. A través de pistas, descricións e diferentes estímulos sensoriais, as persoas participantes irán construíndo a súa propia interpretación ata que, finalmente, se revele a obra.

A actividade permitirá reflexionar, dunha maneira lúdica, sobre como percibimos e experimentamos a arte, sobre a diversidade de formas de acceder a ela e sobre a importancia de crear contornas culturais máis accesibles e inclusivas para todas as persoas.

Data: Venres 25 de setembro de 2026
Horario: 18:00 a 19:30 h
Destinatarios: Familias con crianzas de 6 a 10 anos.

Inscrición:
  • O obradoiro é de balde previa inscrición que se abrirá o martes 22 de setembro ás 10:00 horas.
  • A inscrición realizarase a través do seguinte formulario (un por cada neno ou nena participante).
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo. 
  • No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.