OBRADOIRO INFANTIL DE DANZA: Cuba a través do baile
Sábados, do 30 de maio ao 27 de xuño
-
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor / Docente:
Anilce Scasso
Público:
Nenos e nenas de 6 a 8 anos
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña
Obradoiro de danza para nenos e nenas onde descubrir a cultura cubana a través dos seus bailes, músicas, ritmos e instrumentos tradicionais. A través de xogos, coreografías sinxelas e dinámicas en grupo, desenvolverán cuestións como coordinación, movemento, expresión corporal e traballo en equipo.
Destinatarios: Nenos e nenas de 6 a 8 anos.
Datas: Sábados, do 30 de maio ao 27 de xuño de 2026.
Horario: 12:30 a 13:45 h
Inscrición:
- Todas as sesións son de balde previa inscrición que se abrirá o luns previo a cada obradoiro a partir das 10:00 horas.
- Sábado 30 de maio: inscrición desde o luns 25 de maio ás 10:00 horas.
- Sábado 6 de xuño: inscrición desde o luns 1 de xuño ás 10:00 horas.
- Sábado 13 de xuño: inscrición desde o luns 8 de xuño ás 10:00 horas.
- Sábado 20 de xuño: inscrición desde o luns 15 de xuño ás 10:00 horas.
- Sábado 27 de xuño: inscrición desde o luns 22 de xuño ás 10:00 horas.
- A inscrición está limitada a un obradoiro por neno ou nena participante.
- A inscrición realizarase a través do seguinte formulario (un por cada neno ou nena participante).
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.
- Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.