OBRADOIRO PARA ADULTOS: O XOGO DA ESTAMPA. OBRADOIRO DE GRAVADO
Sábados, do 29 de marzo ao 26 de abril - 11:00 a 13:00 h
O curso céntrase nas técnicas calcográficas de punta seca e aditivas. Os alumnos iniciaranse nos procesos do gravado e na súa comprensión como medio de expresión nas súas diferentes etapas: preparación e uso adecuado dos materiais, estampaxe e reprodución exacta dun número de probas orixinais por matriz.
Destinatarios: público adulto non iniciado.
Grupo dos Venres: do 28 de marzo ao 25 de abril (agás o 18 de abril), de 17:30 a 19:30 horas.
Grupo dos Sábados: do 29 de marzo ao 26 de abril (agás o 19 de abril), de 11:00 a 13:00 horas.
- Reserva de praza: *PRAZAS ESGOTADAS*
Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina a partir do venres 21 de marzo ás 10 horas.
- Pago da matrícula:
Unha vez confirmada a praza por email, efectuar o pago da matrícula ingresando o importe no número de conta (ABANCA ES12 2080 0000 7030 4014 7145) e enviar o resgardo do pago ao email actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal ou ben entregalo no propio museo.
- Para máis información:
Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.