Obradoiros de verán

xullo, por quendas semanais de martes a venres
-
de 10.30 a 13.30 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociaci
Monitor:
Crearte Servizos Culturais
Público:
Nenos de 5 a 12 anos
Prazas:
15 por quenda semanal
Prezo:
25,00 €
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña
Este verán explora o teu lado máis creativo no Museo de Belas Artes!
Catro divertidas mañás para explorar o museo e descubrir os segredos da súa fantástica colección de arte. Armados con ferramentas de exploradores, coa mirada moi atenta, os sentidos moi espertos, e a curiosidade a flor de pel, percorreremos salas de exposicións para mirar as obras dende outros puntos de vista. Farémonos moitas preguntas, xogaremos, escoitaremos historias fantásticas e, por suposto, crearemos as nosas propias obras utilizando unha chea de materiais diferentes.
Prazas limitadas (*para que poida realizarse o obradoiro, o grupo deberá ter un mínimo de 15 nenos)
Datas: Xullo, de martes a venres (é imprescindible especificar no formulario a semana que se desexa)
- Do 1 ao 4 de xullo
- Do 8 ao 11 de xullo
- Do 15 ao 18 de xullo
- Do 22 ao 24 de xullo (esta semana celebrarase de martes a xoves, e en horario de 10:00 a 14:00h)
Horario: de 10.30 a 13.30 h
Matrícula: 25,00 € € (obradoiro semanal)
Reservas: T. 881 881 700 e no enderezo mu.belas.artes.difusion@xunta.es