Obradoiros de verán 2013

ESTE VERÁN...VIVIMOS O ESPAZO
* ÁLBUM DE FOTOS DA ACTIVIDADE!
DESTINATARIOS
Rapacesde 6 a 12 anos
DATAS*
O obradoiro desenvolverase en catro quendas, de martes a venres*, segundo as seguintes datas:
- 2 ao 5 de xullo,
- 9 ao 12 de xullo
- 16 ao 19 de xullo
* Anulada a última quenda do 22 ao 24 de xullo
HORARIO
10:30 a 13:30 h
CONTIDO
O espazo é un elemento básico da arte, e este verán imos exploralo cos nosos corpos, cos nosos sentidos e coas nosas emocións. Comezaremos polo propio Museo, transitando o seu espazo arquitectónico e descubrindo todos os seus segredos.
Continuaremos paseando dentro dos cadros para coñecer como os vellos artistas aprenderon a representar o espazo nas súas obras; experimentaremos coa importancia da luz e tamén da escuridade, e remataremos conquistando o espazo, creando unha evocadora instalación no museo.
OBXECTIVOS
- Divertirse e aprender en contacto coas artes
- Estimular a creatividade experimentando distintas técnicas de expresión artística
- Entender o Museo como lugar activo e familiar, cheo de miradas que descubrir e construír
INFORMACIÓN E MATRÍCULA
Matrícula: 20,00 € (fillos deamigos do museo: 15,00 €)
Prazas limitadas
Tel. 881 881 700