OBRADOIROS DE VERÁN 2015 Vacacións dende o museo!
OBRADOIROS DE VERÁN 2015
UN VERÁN DE MODA
MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA
DESTINATARIOS: Rapaces de 7 a 12 anos
LUGAR: Museo de Belas Artes da Coruña
DATAS: Desenvolveranse de martes a venres, segundo as quendas seguintes:
Semana 5-8 de xulloSemana 12-15 de xulloSemana 19-22 de xulloSemana 26-29 de xullo
HORARIO: 10:00 a 13:30 h
CONTIDO
A través das obras que forman parte da colección do Museo de Belas Artes e outras destacadas da Historia da Arte,faremos un percorrido polas diferentes modas que marcaron épocas. Dende avestimenta tradicional galega da man de artistas do talle de Sotomayor, Sorolla ou Francisco Lloréns, ata a moda máis actual, osparticipantes desenvolverán un proxecto fotográfico final, onde eles serán ospersonaxes das obras seleccionadas. Tomando como base a moda na arte, realizaránunha instalación (que permanecerá durante os meses de xullo e agosto exposta noMuseo) mostrando a súa arte e a súa apreciación da moda.
OBXECTIVOS
- Coñecer ás diversas modas representadas na arte ao longo dá Historia- Vincular obra de arte e a vida cotiá.- Distinguir as diferentes pezas de roupa que aparecen representadas.- Fomentar imaxinación e a psicomotricidade do participante.- Incrementar o interese pola arte en todas as súas manifestacións como a moda e a fotografía.- Participar dunha instalación artística lonxe dás clásicas exposicións.