OBRADOIROS DE VERÁN 2026: INSPIRAR PARA CREAR
O Museo de Belas Artes da Coruña organiza os obradoiros de verán, dirixidos a nenos e nenas de 6 a 12 anos e impartido pola artista Gosia Trebacz.
O obxectivo destes obradoiros é o desenvolvemento das infancias a través da súa experiencia e capacidade creadora. No obradoiro descubrirán distintas técnicas e incentivarán a súa curiosidade pola formación das distintas coleccións, aproveitando tamén as exposicións que alberga o Museo.
Este ano, partindo da exposición "Habana Mater 2003-2023" de Luis Gabú, viaxaremos ao estranxeiro, coñecendo un pouco mellor a obra de artistas consagrados como Laxeiro, Luís Seoane e outros presentes na colección do Museo de Belas Artes da Coruña.
Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 12 anos
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Datas: Martes a venres, do 7 de xullo ao 28 de agosto, nas seguintes quendas:
- Semana 1, do 7 ao 10 de xullo
- Semana 2, do 14 ao 17 de xullo
- Semana 3, do 21 ao 24 de xullo
- Semana 4, do 28 ao 31 de xullo
- Semana 5, do 4 ao 7 de agosto
- Semana 6, do 11 ao 14 de agosto
- Semana 7, do 18 ao 21 de agosto
- Semana 8, do 25 ao 28 de agosto
PARTICIPANTES
En cada quenda asistirá un máximo de 10 participantes de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.
Segundo a proposta poderán estar organizados en pequenos grupos, traballo individual ou en gran grupo, favorecendo desta forma os procesos creativos e cooperativos.
INFORMACIÓN PRÁCTICA PARA AS FAMILIAS
A media mañá farase un descanso para tomar o almorzo que cada participante traerá o seu da casa, xunto cunha botella de auga. É recomendable traer un mandilón ou roupa que se poida manchar.
- Todas as actividades son de balde previa inscrición que se abrirá o luns 15 de xuño ás 10:00 horas.
- A inscrición está limitada a unha semana por infante.
- A inscrición realizarase a través do seguinte formulario (unha inscrición por cada neno ou nena participante).
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.
- A reiterada falta de asistencia ao obradoiro será penalizada na inscrición en vindeiras actividades.