OBRADOIROS DE VERÁN: INSPIRAR PARA CREAR
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas e nenos, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. Nestes obradoiros gratuítos, terán prioridade as familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.
Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Horario: de 10:00 h a 14:00 h
Datas: Martes a venres, do 16 de xullo ao 6 de setembro, nas seguintes quendas:
- Semana 1 do 16 ao 29 de xullo
- Semana 2 do 23 ao 26 de xullo (agás o 25 de xullo)
- Semana 3 do 30 de xullo ao 2 de agosto
- Semana 4 do 6 ao 9 de agosto
- Semana 5 do 13 ao 16 de agosto (agás o 15 de agosto)
- Semana 6 do 20 ao 23 de agosto
- Semana 7 do 27 agosto ao 30 de agosto
- Semana 8 do 3 ao 6 de setembro
PARTICIPANTES
En cada quenda asistirá un máximo de 20 participantes de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos acompañados por 2 educadores. Segundo a proposta poderán estar organizados en pequenos grupos, traballo individual ou en gran grupo, favorecendo desta forma os procesos creativos e cooperativos.
INFORMACIÓN PRÁCTICA PARA AS FAMILIAS
A media mañá farase un descanso para tomar o almorzo que cada participante traerá o seu da casa, xunto cunha botella de auga. É recomendable tamén traer roupa de cambio na mochila
CONTIDO
Con motivo das exposicións temporais do museo, realizaranse talleres enfocados nas ideas de COLECCIÓN, BOSQUEXO E DOAZÓN.
DESOBEDECENDO A RUBENS: Estes talleres usarán como fonte de inspiración os bosquexos que pintaba Rubens. Estes bosquexos servían para que os artistas que traballaban no seu taller puidesen pintar os numerosos encargos que el recibía, xa que eran demasiados para que os puidese facer só. Os nosos pequenos artistas usarán estes bosquexos como base. Ás veces seguirán as indicacións do mestre e outras veces interpretaranas de maneira libre.
INSPIRAR PARA CREAR: Ademais, aprenderán sobre as historias mitolóxicas que son o tema destes cadros.
ARTE CONTEMPORANEO: Centrarémonos na obra de Roberto González para pintar nosas propias creación
- Todas as actividades son de balde previa inscrición que se abrirá o mércores 26 de xuño ás 10:00 horas.
- A inscrición está limitada a unha semana por infante.
- A inscrición realizarase a través do seguinte formulario (unha inscrición por cada neno ou nena participante).
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.
INSCRICIÓN COMPLETA