
OBRADOIROS EN FAMILIA: ARTE SEGREDA
O Barroco, polas súas características (gran realismo, abundancia de temática relixiosa, forte contraste entre luces e sombras que lle confire unha certa tenebrosidade...) non adoita ser un dos movementos artísticos elixidos para achegar a arte aos nenos e ás nenas.
Empregando como punto de partida e inspiración varias obras da colección do museo, proponse mirar os cadros con outros ollos, descubrindo os seus segredos para crear as nosas propias versións da arte barroca "sen límites".
Datas: Sábados do 21 de outubro ao 02 de decembro de 2023.
Destinatarios: familias con nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Horario: 17:30 a 19:00 h
Programación:
Barroco Pop-up (21 e 28 de outubro, 4 e 11 de novembro)
Empregaremos distintas técnicas para construír un escenario tridimensional, con personaxes e obxectos que escapan das dúas dimensións.
Minimundos Barrocos (18 e 25 de novembro, 2 de decembro)
Crearemos o noso propio universo barroco, empregando materiais e técnicas que invitan ao desenvolvemento da creatividade.
- Todas as actividades son de balde previa inscrición que se abrirá o luns previo a cada obradoiro a partir das 10:00 horas.
- A inscrición está limitada a un obradoiro por familia.
- A inscrición realizarase a través do seguinte formulario ou enviando a folla de inscrición (unha por cada neno ou nena participante) ao correo electrónico actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal
- O envío do formulario ou folla de inscrición non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.
Anexo | Tamaño |
---|---|
folla-inscricion-arte-segreda.pdf | 53.36 KB |