OBRADOIROS EN FAMILIA: Os camiños da arte

Sábados, 7, 14 e 21 de novembro
-
18:00 a 19:30 horas
Sentímolo ... Este formulario está pechado a novos envíos.
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor / Docente:
Sonia Hermida
Público:
Familias con crianzas de 4 a 10 anos
Prazas:
Limitadas, previa inscrición

Os museos, ao igual ca os libros, están cheos de historias. Só tes que saber seguir as pistas para descubrilas. E iso imos facer nas tres sesións do obradoiro Os camiños da arte: seguir as pistas para deseñar os nosos propios sendeiros no museo.

Para iso, por suposto, necesitamos saber cal é a materia prima das historias. Que necesitamos para crear unha? Partindo dunha coidada selección bibliográfica, descubriremos de que están feitas as historias e investigaremos diferentes posibilidades de exploración dentro do museo que nos levarán a deseñar os nosos propios camiños e historias.

Destinatarios: Familias con crianzas de 4 a 10 anos.
Datas: Sábados, 7, 14 e 21 de novembro de 2026.
Horario: 18:00 a 19:30 h

Inscrición:

Datas de inscrición:

Sábado 7 de novembro: inscrición desde o luns 2 de novembro ás 10:00 horas. COMPLETO
Sábado 14 de novembro: inscrición desde o luns 9 de novembro ás 10:00 horas. COMPLETO
Sábado 21 de novembro: inscrición desde o luns 16 de novembro ás 10:00 horas. 

  • Todos os obradoiros son de balde previa inscrición que se abrirá o luns de cada semana ás 10:00 horas.
  • A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario web (un por cada neno ou nena participante). 
  • A inscrición está limitada a un obradoiro por familia.
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo. 
  • No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.
  • Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.