OBRADOIROS EN FAMILIA: OS ENIGMAS DA ARTE

Sábados, do 19 de outubro ao 30 de novembro de 2024
-
17:30 a 19:00 h
Sentímolo ... Este formulario está pechado a novos envíos.
Tipo:
Organiza:
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Arkhé Espacio Educativo
Público:
Familias con nenos e nenas de 4 a 10 anos
Prazas:
Limitadas
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

Un museo é un lugar cheo de historias, curiosidades e misterios incribles. Cada un dos enigmas que se expoñen neste taller trasladaranos a un momento trascendente da Historia da Arte, a un movemento artístico revolucionario ou a un artista destacado que nos inspirará para crear a nosa propia obra.

O obxectivo dos obradoiros Os enigmas da arte é espertar a conciencia artística das familias participantes, creando experiencias que propicien aprendizaxes significativas, cargadas de emoción para que perduren no tempo e iniciar así o camiño de empregar a creatividade e a arte para a vida.

En cada un dos obradoiros traballaremos a través de dúas liñas:

  • Descubrir a Historia da Arte e as distintas formas de crear
  • Desenvolverse e expresarse artisticamente, explorando diversas técnicas

Datas: Sábados do 19 de outubro ao 30 de novembro de 2024

Horario: 17:30 a 19:00 h

Destinatarios: Familias con nenos e nenas de 4 a 10 anos.


Programación

A falsificación (19 e 26 de outubro, 2 de novembro)
Unha inquietante nota chegou esta mañá ao museo, afirmando que unha das súas obras fora substituída durante a noite por unha falsificación, pero non desvela cal delas é. Axúdasnos a descubrir de que obra se trata para que os expertos do museo poidan confirmar se é orixinal ou copia?
Unha vez descubramos de que obra se trata, utilizarémola como inspiración e referencia para explorar e xogar coa técnica de hapa zome (estampaxe floral xaponesa) e crear a nosa propia creación artística.

Misterioso asasinato nun cadro (9, 16, 23 e 30 de novembro)
Constanza, a campesiña, apareceu morta en estrañas circunstancias, e o comisario apenas ten pistas para descubrir ao asasino.  O que é seguro é que o asasino está entre as persoas que acudiron ao seu funeral.
A obra Marcha fúnebre por unha campesiña, de Eugenio F. Granell, sérvenos de contextualización, eixo lúdico e inspiración para o posterior proceso creativo, no que xogaremos a pasar do 2D ao 3D, a través da creación de esculturas cinéticas.

Inscrición:
  • Todas as actividades son de balde previa inscrición que se abrirá o luns previo a cada obradoiro a partir das 10:00 horas. 
  • A inscrición está limitada a un obradoiro por familia
  • A inscrición realizarase a través do seguinte formulario (un por cada neno ou nena participante).
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo. 

No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.


Datas:

  • 19 de outubro: COMPLETO
  • 26 de outubro: COMPLETO
  • 2 de novembro: COMPLETO
  • 9 de novembro: COMPLETO
  • 16 de novembro: COMPLETO
  • 23 de novembro: COMPLETO
  • 30 de novembro: COMPLETO