OBRADOIROS EN FAMILIA: Tecer recursos
O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos cunha programación especial que inclúe xornada de portas abertas con apertura extraordinaria ata as 23:30h, visitas guiadas á exposición Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens, obradoiros familiares e concerto de rock no museo.
Obradoiros en familia: Tecer recursos
Horario: 12:00 e 17:30 h.
Público: Nenos e nenas de 6 a 10 anos acompañados dun adulto
Obradoiro pensado para público familiar no que a educadora conducirá aos grupos por distintos espazos do museo, interactuando con pezas sobre as que realizar unha actividade final.
Tendo presente o lema e os obxectivos deste ano para a celebración do Día Internacional dos Museos, investigaremos a colección, descubrindo obras coas que valorar e protexer as materias primas para así promover unha industrialización inclusiva e sostible. Finalmente, converterémonos en produtores e produtoras, poñendo en práctica o aprendido sobre un bastidor.
- Todos os obradoiros son de balde previa inscrición que se abrirá o luns 13 de maio, a partir das 10:00 horas.
- A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario web (un por cada neno ou nena participante) e indicando a hora escollida.
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.
AFORO COMPLETO
Para máis información:
Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.