OBRADOIROS EN FAMILIA: TRAS AS PEGADAS DE ISAAC DÍAZ PARDO
Inspirándose en diversas obras da exposición temporal A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo, os participantes desenvolverán as súas propias creacións.
Datas: Sábados do 18 de outubro ao 29 de novembro de 2025 (agás o 1 de novembro).
Horario: 18:00 a 19:30 h
Destinatarios: Familias con nenos e nenas de 4 a 10 anos.
Programación
Laboratorio do Retrato Imaxinado (18 e 25 de Outubro e 8 de Novembro)
Un obradoiro creativo inspirado na obra de Isaac Díaz Pardo
No marco da exposición temporal dedicada a Isaac Díaz Pardo, este obradoiro convida a nenas, nenos e ás súas familias a explorar o rostro humano desde unha mirada artística e simbólica.
Inspirándonos no estilo característico co que Díaz Pardo representaba a figura humana, realizaremos un autorretrato moi especial: partindo do debuxo e da observación, crearemos unha imaxe persoal que logo trasladaremos ao cartón empregando a técnica do pre cut, dando forma a unha peza única que mestura expresión e materia.
Unha proposta creativa, onde as familias poderán experimentar coa arte do retrato desde unha perspectiva contemporánea, lúdica e profundamente conectada coa obra do artista.
Sombras de Sargadelos (15, 22 e 29 de Novembro)
Un escenario de luces e formas
Neste obradoiro familiar adentrarémonos no fascinante mundo do teatro de sombras a través da imaxinación, da cerámica e a identidade cultural galega. Inspirándonos nas formas símbolos e motivos tradicionais da cerámica de Sargadelos crearemos personaxes, paisaxes e obxectos que cobrarán vida na pantalla iluminada.
Cada familia construirá o seu propio mini teatro e as súas figuras, combinando cartón, papel, luz e creatividade. Xogaremos coa luz e a sombras para contar historias únicas onde as siluetas se transforman en arte en movemento.
Unha experiencia creativa, sensorial e colectiva que conecta tradición e expresión contemporánea dende a miradas das nenas e nenos.
Para este obradoiro empregaremos o teléfono móvil do adulto acompañante.
- Cubrir o formulario na páxina web en castelán, aquí: Formulario en castelán
- Todas as actividades son de balde previa inscrición que se abrirá o luns previo a cada obradoiro a partir das 10:00 horas.
- A inscrición está limitada a un obradoiro por familia.
- A inscrición realizarase a través do seguinte formulario (un por cada neno ou nena participante).
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.
Datas de inscrición:
Laboratorio do Retrato Imaxinado
- Sábado 18 de outubro: COMPLETO
- Sábado 25 de outubro: COMPLETO
- Sábado 8 de novembro: COMPLETO
Sombras de Sargadelos
- Sábado 15 de novembro: COMPLETO
- Sábado 22 de novembro: COMPLETO
- Sábado 29 de novembro: COMPLETO
MOITAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES!