Obradoiros infantís de verán Arte e ... acción!

de martes a venres en quendas en xullo de 2018
-
de 10:30 a 13:30 horas
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Nenos de 7 a 12 anos
Prazas:
limitadas, con inscrición pre
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

Alberto Datas, Añoranza Galaica II (1980). Colección Museo de Belas Artes da Coruña

ARTE E… ACCIÓN!

OBRADORIOS DE VERÁN NO MUSEO DE BELAS ARTES. 2018

ARTEE … ACCIÓN! é unha programación de actividades artísticas que reinterpreta as obras da colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña desde unha mirada contemporánea e lúdica.

Unha viaxe que parte desde as obras mitolóxicas dos autores barrocos ata as máis vangardistas e contemporáneas, buscando desenvolver o potencial creativo e a expresión corporal, fomentando a imaxinación e educando a percepción espacial; a través das artes escénicas, a pintura, a fotografía e a colaxe.

Unha semana chea de diversión e creatividade.

 

IDADES DOS PARTICIPANTES 7-12 anos(ambos inclusive)

HORARIO 10:00 /13:30 H A semana do 24 de xullo: de 10:00 a 14:00H

DURACIÓN De martes a venres do mes de xullo en diferentes turnos:

Semana 3-6 de xulloSemana 10 -13 de xulloSemana 17 -20 de xulloSemana 24 -27 de xullo

COLABORA Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes

INSCIRCIÓNS 25,00 € (Amigos Museo 20,00 €) Prazas limitadas. Tel. 881 881 700 (de luns a venres, de 9 a 15 horas). Páxina web do museo. mu.belas.artes.difusion@xunta.es

OBXECTIVOS- Coñecer distintos tipos de manifestacións artísticas

- Fomentar a imaxinación e a creatividade

- Incrementar o interese pola arte de distintas épocas e estilos,  vinculando a arte do pasado coa arte do presente e co mundo que nos rodea

- Fomentar o coñecemento do outro e de nós mesmos a través da plástica

NECESIDADES DOS PARTICIPANTES-Traer a merenda para tomar no descanso que se realizará todos os días a media mañá- Notificar aos educadores se os cativos teñen algunha necesidade especial, así como alerxias á pintura, tecido ou calquera tipo de material que sexa susceptible de empregarse en actividades plásticas-Recoméndase traer mandilón ou roupa vella -Presentar ao longo das sesións que dura a actividade unha autorización para o uso das imaxes dos rapaces e rapazas, tanto para os propios proxectos que se desenvolverán durante os obradoiros como para o seu posible uso en redes sociais.

INFORMACIÓN E MATRÍCULA

Matrícula: 25,00 € (fillos de Amigos do Museo: 20,00 €)

Prazas limitadas

Inscricións:

- Tel. 881 881 700 (de luns a venres, de 9 a 15 horas)

- Páxina web do museo

- mu.belas.artes.difusion@xunta.es