OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN Un museo de técnicas

de martes a venres en quendas en xullo de 2019
-
de 10:00 a 13:30 horas (a semana do 23 de xullo: de 10:00 a 14:00h)
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración c
Público:
Nenos de 7 a 12 anos
Prazas:
limitadas, con inscrición pre
Prezo:
25,00 € (amigos museo 20,00
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

UN MUSEO DE TÉCNICASOBRADOIROS DE VERÁN NO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA 2019

Durante os obradoiros de verán do Museo de Belas Artes da Coruña os rapaces e rapazas asistentes descubrirán todo un universo de expresión artística a través de diferentes técnicas e obras. Cada día adicarase a unha técnica artística, podendo observar en primeiro lugar diferentes exemplos nas salas do museo, de variadas épocas e artistas, para aprender despois no taller cal é o proceso de creación, como se planean as diferentes obras e que materiais se empregan para súa execución. As técnicasque se traballarán durante os catro días do obradoiro serán o carboncillo, a acuarela, o pastel e o modelado en barro; os nenos e nenas realizarán, coa guía da educadora, unha obra con cada material que poderán levar a casa ao rematar a semana.

IDADES DOS PARTICIPANTES 7-12 anos (ambos inclusive)

HORARIO 10:00 /13:30 H (a semana do 23 de xullo: de 10:00 a 14:00H)

DURACIÓN De martes a venres do mes de xullo en diferentes turnos:

Semana 2 -5 de xulloSemana 9 -12 de xulloSemana 16 -19 de xulloSemana 23 -26 de xullo

COLABORA Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes

INSCRICIÓNS 25,00 € (amigos museo 20,00 €) Prazas limitadas. Tel. 881 881 700 (de luns a venres, de 9 a 15 horas) / mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

OBXECTIVOS

·        Coñecer diferentes técnicas artísticas e familiarizarse co seu uso.

·        Fomentar o gusto pola historia da arte dunha maneira lúdica e participativa

·        Distinguir obras de diferentes épocas e estilos

·        Traballar con materiais que fomentan a imaxinación e a psicomotricidade do participante.

·        Aprender a utilizar a arte coma un vehículo de expresión persoal.

·        Reflexionar sobre os procesos de traballo e a creación plástica.

NECESIDADES DOS PARTICIPANTES

·        Traer a merenda para tomar no descanso que se realizará todos os días a media mañá

·        Notificar aos educadores se os cativos teñen algunha necesidade especial, así como alerxias á pintura, tecido ou calquera tipo de material que sexa susceptible de empregarse en actividades plásticas

·        Recoméndase traer mandilón ou roupa vella

·        Presentar ao longo das sesións que dura a actividade unha autorización para o uso das imaxes dos rapaces e rapazas, tanto para os propios proxectos que sedesenvolverán durante os obradoiros como para o seu posible uso en redes sociais.