OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN Un verán de moda

Quendas semanais do 5 ao 29 de xullo de 2016
-
de 10.00 a 13.30 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Nuria Prado e Mónica Rey
Público:
Nenos de 7 a 12 anos
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Prezo:
25€ (Amigos Museo: 20€)
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

Federico Ribas Bailarina. Colección Museo de Belas Artes da Coruña

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN

UN VERÁN DE MODA

A través das obras que forman parte da colección do Museo de Belas Artes e outras destacadas da Historia da Arte, faremos un percorrido polas diferentes modas que marcaron épocas. Dende a vestimenta tradicional galega da man de artistas do talle de Sotomayor, Sorolla ou Francisco Lloréns, ata a moda máis actual, os participantes desenvolverán un proxecto fotográfico final, onde eles serán os personaxes das obras seleccionadas. Tomando como base a moda na arte, realizarán unha instalación (que permanecerá durante os meses de xullo e agosto exposta no Museo) mostrando a súa arte e a súa apreciación da moda.

IDADES DOS PARTICIPANTES: 

7-12 anos (ambos os dous inclusive)

DURACIÓN: Martes a Venres do mes de xullo en diferentes quendas:

Semana 5 -8 de xullo

Semana 12 -15 de xullo

Semana 19 -22 de xullo

Semana 26 -29 de xullo

 

HORARIO: 10:00 /13:30 H

INSCRICIÓN: 25,00 € (amigos museo 20,00 €)

 

COLABORA: Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes

 

OBXECTIVOS

- Coñecer ás diversas modas representadas na arte ao longo da Historia

- Vincular a obra de arte e a vida cotiá.

- Distinguir as diferentes pezas de roupa que aparecen representadas.

- Fomentar a imaxinación e a psicomotricidade do participante.

- Incrementar o interese pola arte en todas as súas manifestacións como a moda e a fotografía.

- Participar dunha instalación artística lonxe das clásicas exposicións.

 

NECESIDADES DO PARTICIPANTE

- Traer merenda para tomar no descanso que se realizarán todos os días que duran as actividades (media hora de descanso).

- Notificar as educadoras se teñen algún tipo de alerxia a pinturas, tecidos e material escolar.           

- Traer mandilón ouroupa vella para non se manchar.

- Dispoñer, se é posible, de camiseta de cor escura (azul mariño, negra) e camiseta de cor clara (preferiblemente branca) que as educadoras lles indicarán para a realización das representacións fotográficas.

INFORMACIÓN E MATRÍCULA

Matrícula: 25,00 € (fillos de Amigos do Museo: 20,00 €)

Prazas limitadas

Inscricións:

- Tel. 881 881 700 (de luns a venres, de 9 a 15 horas)

- Páxina web do museo

- mu.belas.artes.difusion@xunta.es