
Obradoiros xuvenís. Picasso branco no recordo azul.
Obradoiro de cómic usando como base as obras da exposición
Destinatarios: rapaces e rapazas de 10 a 14 anos
Datas: Sábados 15, 22 e 29 de abril; 6, 13 e 27 de maio; e 3, 10 e 17 de xuño.
Horario: de 12:00 h a 13:30 h
Inscrición:
- Todas as actividades son de balde previa inscrición a partir do 10 de abril
- A inscrición está limitada a un obradoiro por rapaz/rapaza. No caso de dispoñibilidade de prazas, abrirase un novo prazo de inscrición para outras datas.
- A inscrición realizarase enviando a folla de inscrición (dispoñible ao final da páxina) ao correo electrónico actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
Programa de actividades
Impro·Picasso (15 de abril, 6 de maio e 3 de xuño)
Crearemos un micro-relato gráfico (entre 4 e 6 viñetas) mergullándonos no universo picassiano: empregaremos personaxes, lugares e obxectos que podemos atopar reflectidos na obra do artista, todo isto a través dun xogo improvisado e desenfadado, achegando as ferramentas necesarias para facelo nun modo divertido e creativo.
Rostros Picassianos (22 de abril, 13 de maio e 10 de xuño)
Unha das imaxes máis icónicas de Pablo Picasso son os seus rostros: desmontados, xirados en varias perspectivas. de proporcións imposibles... Imos xogar, experimentar e crear con este elemento tan coñecido e tan cheo de posibilidades: O Rostro.
Picasso a capas (29 de abril, 27 de maio e 17 de xuño)
A obra Paquete de tabaco e vaso vai ser o noso punto de partida para iniciar este percorrido no que a "desmontaremos" en varias capas, o que nos brindará a posibilidade de experimentar en cada unha delas con técnicas e materiais diversos. Como punto final, voltaremos a xuntar as capas, aportando deste xeito a nosa propia visión da obra do artista.
Anexo | Tamaño |
---|---|
folla-inscricion_obradoiros.pdf | 65.34 KB |