Obras maestras do Cinearte (I Parte)
SESIÓNS DO CURSO:Mércores, do 2 de abril ao 28 de maio de 2014PROGRAMA:
1. A EFERVESCENCIA DAS VANGARDAS.
As primeiras décadas do século pasado viron surxir unha serie de movementos artísticos como o expresionismo, o constructivismo ou o surrealismo, cuxas influenzas ainda perduran hoxe en día.
Análise (entre outras) de:
-“MECHANICAL PRINCIPLES” (RALPHSTEINER, 1930)
-“ENTR’ACTE” (RENÉ CLAIR, 1924)
-“L’ETOILE DE MER” (MAN RAY,1928)
2. NA PROCURA DUN CINE POÉTICO.
Autores como Jean Vigo iniciaron unha búsqueda da imaxe, que xunto coa palabra (ou non), crearía unha nova lenguaxe poética.
Análise (entre outras) de:
-“MANHATTA” (PAUL STRAND, 1921)
-“ZERO EN CONDUITE” (JEANVIGO, 1933)
-“THE HOUSE IS BLACK” (FORUGHFARROHZKHAD, 1963)
3. CINE IMPRESIONISTA.
As imaxes como transmisoras de sensacións, de fisicidade. Os realizadores capturan os xogos da luz e da naturaleza coma se fosen uns modernos Monet o Renoir.
Análise (entre outras) de:
-“REGEN” (JORIS IVENS, 1929)
-“LE TEMPESTAIRE” (JEAN EPSTEIN,1947)
-“NYMPHLIGHT” (JOSEPH CORNELL,1957)
4. O NACIMENTO DO “UNDERGROUND”.
A finais dos anos 40, un novo cine xurdiu nas marxes da industria. Imaxes sucias, crudas, temáticas subversivas e liberdade absoluta para un estalido de creatividade.
Análise (entre outras) de:
-“CHRISTMAS, USA” (GREGORY MARKOPOULOS, 1949)
-“THE CAGE” (SYDNEY PETERSON,1947)
-“SCORPIO RISING” (KENNETHANGER, 1963)
5. ALTERANDO AS IMAXES.
O xogo con imaxes alleas (“found footage”), o estructuralismo, reducir a imaxe á súa forma abstracta, deu lugar a fascinantes experimentos convertindo o cine en hipnose.
Análise (entre outras) de:
-“BAUME IN HERBST” (KURT KREN, 1960)
-“REPORT” (BRUCE CONNER, 1963-67)
-“ZORNS LEMMA” (HOLLIS FRAMPTON, 1970)
RESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.