Os limóns. Centenario Luís Seoane (teatro en familia)
23, 24, 25, 26, 27 novembro de 2010
-
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Galitoon
Público:
Público infantil (4 - 6 anos)
Prazas:
150 por sesión
Prezo:
Gratuíto previa reserva
Lugar:
Salón de actos do Museo
COMPAÑÍA: Galitoon
Esta obra nace como homenaxe a Luis Seoane e está dirixida ao público infantil. A compañía Galitoon creou a historia dos limóns de dona Alicia, que os colleu, limpou e mimou como se foran tres bebés. Os tres limóns partiron cara América para atopar a Don Luis e traelo de volta a súa amada Galicia.
NIVEL: Educación infantil (4 - 6 anos)DATAS: Centros Escolares: Días 23 (martes), 24 (mércores), 25 (xoves) e 26 (venres) de novembro, ás 12:00 hcon inscrición previa.Público en xeral: Día 27 (sábado) de novembro, ás 18:30 hentrada gratuíta previa retirada de invitación. As invitacións poderanse retirar na recepción do museo no seu horario habitual de apertura, a partir do vindeiro sábado, 20 de novembro. Entregarase un máximo de 4 entradas por persoa, que deberán ser presentadas o día da función.