Os sons da arte
OS SONS DA ARTE. OBRADOIROS DE MÚSICA E PINTURA
Contido: Cada obradoiro estará integrado por actividades lúdicas que versarán sobre aspectos como a representación da pintura mediante o movemento musical, a realización de historias sonoras baixo unha imaxe guiada basada nunhas determinadas pinturas, e o establecemento do paralelismo entre o ritmo musical e o ritmo pictórico, así como entre as cores e os sons. Todo iso farase co uso da voz, o corpo, os instrumentos musicais e os obxectos sonoros, como medio de representación pictórico-musical
Monitor: Marcos Pais Varela (Escola Municipal de Música de Oleiros)
Datas: Sábados,do 5 de outubro ao 30 de novembro*
Horario: 11:00-12:00h: nenos de 6 e 7 anos
12:30-13:30h: nenos de 4 e 5 anos
* O Obradoiro ten un día de duración
RESERVA DE PRAZA*: . Desde esta web (premer aquí) . Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigorosa orde de inscrición. Para formalizar a matrícula, o interesado deberá recibir a confirmación da reserva da praza antes de proceder ao abono do curso mediante o procedemento que se lle indique. As datas poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.