PICASSO EN FAMILIA

Sábados e domingos, do 28 de febreiro a 24 de maio
-
Sábados, de 17:00 a 18:30h, e domingos, de 11:30 a 13:00h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Crearte
Público:
Nenos e nenas entre 5 e 12 anos
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

OBRADOIRO EN FAMILIA

PICASSO EN FAMILIA

Coordinación: Crearte Servicios Culturais S.L.

Datas: Sábados e domingos, do 28 de febreiro a 24 de maio (un día de duración)

Horario: Sábados, de 17:00 a 18:30h, e domingos, de 11:30 a 13:00h

Contido: Unha divertida proposta para toda a familia, na que nos achegamos ao neno Pablo e á Coruña á que chega a finais do século XIX. A través do xogo e o diálogo coas obras, abordamos a súa grande paixón: o debuxo e a pintura. No espazo do obradoiro crearemos un divertido retrato ao natural no que se terá que implicar toda a familia, e outro máis libre e baseado na xeometría, seguindo a mesma evolución ca o xenial artista na súa traxectoria pictórica.

Idades: Nenos e nenas entre 5 e 12 anos.

Prazas limitadas

Inscrición: T. 881 881 700 (horario: de 9 a 14 horas)  /mu.belas.artes.difusion@xunta.es

* Por razóns de seguridade e conservación, está prohibido asistir ao obradoiro con cadeiras e carriños de bebé