SAÍNDO DO CADRO. Obradoiros de verán no museo. Plan Corresponsables

do 19 de xullo ao 2 de setembro, en quendas semanais de martes a venres.
-
de 10:00 a 14:00h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña. Xunta de Galicia
Monitor:
Alma Blanco. Arkhé Espacio Educativo
Público:
de 4 a 12 anos
Prazas:
20 participantes por turno semanal
Prezo:
Gratuíto
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

SAÍNDO DO CADRO

OBRADOIROS DE VERÁN NO MUSEO

PLAN CORRESPONSABLES

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables financiado polo Ministerio de Igualdad do Goberno de España para favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozas e mozos de ata 12 anos de idade, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes*

Con este fin, o Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a programación dun campamento cultural de conciliación gratuíto, titulado SAÍNDO DO CADRO.

 

DIRECCIÓN Alma Blanco. Arkhé Espacio Educativo

 

CALENDARIO De martes a venres de 10:00 a 14:00h nas seguintes quendas:

Semana 1 do 19 ao 22 de xullo

Semana 2 do 26 ao 29 de xullo

Semana 3 do 2 ao 5 de agosto

Semana 4 do 9 ao 12 de agosto

Semana 5 do 16 ao 19 de agosto

Semana 6 do 22 ao 26 de agosto

Semana 7 do 30 agosto ao 2 de setembro

 

PARTICIPANTES 

En cada quenda asistirá un máximo de 20 participantes de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, acompañados por 2 educadores. Segundo a proposta poderán estar organizados en pequenos grupos, traballo individual ou en gran grupo, favorecendo desta forma os procesos creativos e cooperativos.

 

INFORMACIÓN PRÁCTICA PARA AS FAMILIAS

A media mañá farase un descanso para tomar o almorzo que cada participante traerá da súa casa, xunto cunha botella de auga. É recomendable tamén traer roupa de cambio na mochila.

 

CONTIDO

Todos e todas soñamos algunha vez con saírnos do marco, da liña pautada... que mellor momento para facelo que o verán.... e que mellor vehículo que a arte.  Propoñemos converter o museo nun foco creativo único; un “atelier” con materiais interesantes para a exploración e a experimentación, onde convivan e dialoguen distintas disciplinas artísticas. Utilizaremos como contexto obras da colección e das exposicións do Museo, coa intención de “sacalas dos seus marcos”, reviralas, exploralas e xogalas, de tal forma que poidan servir de base e inspiración para que os nenos e nenas desenrolen as súas propias creacións.

 

* Terán preferencia as familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.

Inscrición:
Para formalizar a inscrición xúntase abaixo un formulario para que unha vez cuberto sexa enviado á seguinte  dirección de correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal, ou ben entregado no propio museo no seu horario de apertura ao público. Unha vez recibido, o Museo confirmará a inscrición aos participantes vía email.
Documentos:
Anexo Tamaño
Formulario de inscripción 399.57 KB