Un conto de Nadal. Obradoiro

26 e 27 de decembro, 2 e 3 de xaneiro
-
10:30 a 13:30 h
Tipo:
Organiza:
Asociaciónd e Amigos do Museo
Monitor:
José Castro Quian
Público:
Infantil 6-12 anos
Prazas:
20
Prezo:
20,00 € (Amigos Museo 15€)
Lugar:
Museo de Belas Artes

UN CONTO DE NADAL. OBRADOIRO

Colabora: Asociación de Amigos do Museo

Datas: 26 e 27 de decembro, 2 e 3 de xaneiro

Horario:10:30 a 13:30 h

Monitor: José Castro Quian

Matrícula: 20,00 € (amigos museo 15,00 €)

Público: Destinado a nenos e nenas de 6 a 12 anos.

O fío condutor do obradoiro de Nadal é unha historia, un “Conto de Nadal”, que os participantes no obradoiro crearán e representarán coa axuda do monitor.

Para crear esta historia, buscaremos nos diferentes cadros do museo aos personaxes protagonistas, e tamén os escenarios onde ten lugar a acción. Mesturaremos personaxes reais e de ficción, seres mitolóxicos, e tamén personaxes anónimos aos que poderemos asignar unhas características e unha personalidade.

O obradoiro inclúe unha morea de actividades lúdicas e educativas para os pequenos (pintar, modelar, disfrazarse...), a través das cales representaremos de diversas formas a historia creada.

Prazas limitadas

RESERVA DE PRAZA*: . Desde esta web (premer aquí)  . Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigorosa orde de inscrición. Para formalizar a matrícula, o interesado deberá recibir a confirmación da reserva da praza antes de proceder ao abono do curso mediante o procedemento que se lle indique. As datas poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.