Visita Guiada á Biblioteca do Museo

24 de outubro de 2024
-
19:00 h
Sentímolo ... Este formulario está pechado a novos envíos.
Tipo:
Organiza:
Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Lugar:
Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, desde a Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña organízase unha visita guiada pola sala de lectura.

Data: 24 de outubro
Horario: 19:00 horas
Inscrición: aquelas persoas interesadas deben reservar a súa praza cubrindo o formulario dispoñible ao final desta páxina. A inscrición ábrese o martes 22 ás 10:00 horas.


Como cada ano, o día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Nesta ocasión co lema "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental das bibliotecas na consecución dos ODS da Axenda 20230.

Máis alá dos ODS relacionados coa Cultura e o Coñecemento, estas institucións fomentan: a educación de calidade, a igualdade de xénero, a consolidación de institucións máis democráticas, a difusión de información verax, o cuidado do medio ambiente...

As bibliotecas son espazos accesibles abertos á participación da cidadanía, que busca nelas un lugar de encontro, de intercambio de opinións e de coñecemento.

Como espazo aberto e accesible, o vindeiro 24 de outubro realizaráse unha visita guiada pola sala de lectura da Biblioteca do Museo, ás 19:00 horas.

Inscrición:
  • Reserva de praza:

Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina, a partir do martes 22 de outubro ás 10:00 horas.

  • Para máis información:

Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.