Visita Guiada á Biblioteca do Museo

23 de outubro de 2026
-
19:00 h
CAPTCHA
Tipo:
Organiza:
Biblioteca. Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Lugar:
Biblioteca. Museo de Belas Artes da Coruña

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, desde a Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña organízase unha visita guiada pola sala de lectura.

Data: 23 de outubro
Horario: 19:00 horas
Inscrición: aquelas persoas interesadas deben reservar a súa praza cubrindo o formulario dispoñible ao final desta páxina. A inscrición ábrese o mérccores 21 ás 10:00 horas.


Como cada ano, o día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Nesta ocasión co lema "Sen profesionais non hai bibliotecas", quere poñer no centro ás persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un simple conxunto de recursos, andeis e espazos.

As bibliotecas, como institucións democráticas, son un servizo esencial para a cidadanía, que busca nelas un lugar de encontro, de intercambio de opinións e coñecemento. Pero detrás de cada préstamo, cada consulta, cada actividade, cada recomendación e cada proxecto hai profesionais que traballan para garantir o acceso á cultura, acompañar ás súas comunidades e facer das bibliotecas espazos abertos, inclusivos e accesibles para todos.

Recoñecer e visibilizar a quen desempeña este labor, que a miúdo permanece invisible, resulta fundamental para comprender o verdadeiro valor das bibliotecas. Porque unha biblioteca non é unicamente aquilo que vemos cando entramos nela: é tamén o traballo das persoas que seleccionan e organizan as súas coleccións, preservan o patrimonio, facilitan o acceso á información, fomentan a lectura, acompañan a aprendizaxe e crean actividades e servizos para responder as necesidades dos seus usuarios.

Recoñecer aos bibliotecarios/as é recoñecer ás propias bibliotecas e o valor que teñen para a nosa sociedade.

Como espazo aberto e accesible, o vindeiro 23 de outubro realizaráse unha visita guiada pola sala de lectura da Biblioteca do Museo, ás 19:00 horas.

Inscrición:
  • Reserva de praza:

Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina, a partir do mércores 21 de outubro ás 10:00 horas.

  • Para máis información:

Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.