VISITA GUIADA: Roteiro pola pegada cubana na Coruña
Dentro do marco da exposición Habana Mater, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza unha visita guiada de 2 horas pola Coruña para explorar a profunda conexión entre Galicia e Cuba, a través da memoria material e inmaterial dos galegos que emigraron e regresaron da Gran Antilla. Este percorrido de 1,2 km levaranos a través de 200 anos de historia compartida, desde a apertura do porto da Coruña ao comercio con América en 1764 ata o peche do consulado cubano coruñés en 1961.
Data: Sábado, 3 de outubro de 2026
Horario: 11:00 horas
- Reserva de praza:
Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina, a partir do martes 29 de setembro ás 10:00 horas.
O envío do formulario non garantiza a reserva de praza. Unha vez cuberto, recibirá un email por parte do Museo para formalizar a inscrición.
No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza para que poidan asistir outras persoas.
- Para máis información:
Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.