Visitas guiadas:
Programa de visitas guiadas á exposición dol 2 de outubro ao 12 de decembro de 2010:
Todos os sábados ás 18:30 e domingos ás 12:30. Entrada libre para o público en xeral
(Se pertence a algunha asociación ou grupo organizado e desexa unha visita guiada para o seu grupo, por favor, contacte con nós a través do seguinte formulario ou no teléfono 981 223 723 para concretar data e hora).
Duración aproximada: 60 min.
A exposición "A aventura modernista nas coleccións do Museu dArt de Catalunya" mostra unha selección de casi noventa pezas modernistas da colección do MNAC: pinturas, debuxos, carteis, esculturas e obras ornamentais que dan fe da singular importancia deste movemento como eixe da transformación cultural catalá a finais do s XIX e principios do século pasado.Esta mostra pon de manifesto tanto a riqueza e o esplendor do Modernismo con artistas como Antonio Gaudí, Ramón Casas, Santiago Rusiñol, Isidro Nonell, Joaquín Mir ou os irmáns Llimona que lideraron o movemento, como a aventura que supuxo para arquitectos, pintores, escultores e deseñadores impoñer novos modelos artísticos que chocaban claramente cos gustos convencionais que imperaban na arte de fins do século XIX. Unha exhibición panorámica pola produción destes artistas entre 1891 ata 1911.