
Visitas Guiadas á Biblioteca do Museo
Como cada ano, o día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Nesta ocasión o lema "Tecendo comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de fortes lazos dentro das nosas comunidades. Unha biblioteca non é só un edificio cheo de libros, son tamén espazos de encontro e diálogo.
O Día das Bibliotecas pon en valor o traballo que realizan as bibliotecas de todas as tipoloxías, incluídas as especializadas como a biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña, para facer accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación. Imaxinamos as bibliotecas como uns teares onde se ganduxan relacións e coñecementos, onde se anuda o sentido de pertenza.
"Tecendo comunidades" salienta esta importante función social das bibliotecas. Cada visita, cada lectura, cada conversación achega o seu fío único a este tecido comunitario.
Con esta intención, o vindeiro 24 de outubro realizaránse visitas guiadas pola sala de lectura da biblioteca do Museo, organizadas en dúas quendas: ás 12:00 e ás 19:00 horas.
- Aquelas persoas interesadas deben reservar a súa praza enviando un e-mail cos seus datos persoais (Nome e apelidos e horario escollido) ao correo electrónico actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal.
- A inscrición está limitada a 2 persoas por mail.