VISITAS GUIADAS Á COLECCIÓN: O Barroco (sala 2)
Sábado 7 de xuño de 2025
-
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña
A sala 2 dedícase á pintura barroca europea do século XVII, con exemplos de España e Flandres, con especial incidencia da pintura mitolóxica, na que Rubens ten un protagonismo fundamental.
Data: Sábado 7 de xuño de 2025
Hora: 18:00 horas.
Inscrición:
- Todas as visitas son de balde previa inscrición, que se abrirá o luns 2 de xuño ás 10:00 horas.
- A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario web (un por cada persoa participante).
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.