VISITAS GUIADAS Á COLECCIÓN: O Rexionalismo (sala 5)
Sábado 7 de xuño de 2025
-
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña
Na sala 5 preséntase a obra dos principais artistas do Rexionalismo, nados en Galicia nas últimas décadas do século XIX, que buscan a aproximación á cultura popular galega a través da paisaxe, as xentes e os costumes. Ademais, a muller conta cun espazo definido, pois comeza a ter cada vez máis relevancia, non soamente dende o punto de vista iconográfico, senón tamén como creadora.
Data: Sábado 7 de xuño de 2025
Hora: 18:15 horas
Inscrición:
- Todas as visitas son de balde previa inscrición, que se abrirá o luns 2 de xuño ás 10:00 horas.
- A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario web (un por cada persoa participante).
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.