VISITAS GUIADAS De Sotomayor a Quessada. Tradición e modernidade na pintura galega

VISITAS GUIADAS
DE SOTOMAYOR A QUESSADA.
Tradición e modernidade na pintura galega
Lugar: Museo de Belas Artes da CoruñaData: Sábados, 6 de abril – 25 de maio de 2019 (*agás o 20 de abril)Hora: 18:30h Organiza: Museo de Belas Artes da CoruñaPrazas limitadas con inscrición previa (mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou no teléfono 881 881700 de 9 a 14 horas de luns a venres)
O Museo de Belas Artes da Coruña ofrece visitas guiadas para dar a coñecer a incorporación dos novos fondos procedentes do Museo Nacional del Prado, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofia, Círculo de las Artes de Madrid e coleccións particulares.
De entre as novas adquisicións, cabe sinalar o conxunto de 23 obras do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor depositadas polo Museo del Nacional Prado xunto a obras doutros autores como Urbano Lugrís, Julia Minguillón, Lago Ribera, Xaime Quessada, Juan Luis López, Isaac Díaz Pardo, Elena Gago, Manuel Molezún, Alberto Datas, Román Navarro ou Isidoro Brocos, sumando un total de 39 pezas.
Estes novos ingresos permítenos mostrar un renovado discurso expositivo que sen dúbida axudará a comprender mellor o mundo convulso de finais do século XIX e principios do XX, desde a tradición ata as novas tendencias que marcaron o inicio da modernidade e o desenrolo das vangardas artísticas no século XX.