VISITAS GUIADAS - Día Internacional dos Museos 2024
O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos cunha programación especial que inclúe xornada de portas abertas con apertura extraordinaria ata as 23:30h, visitas guiadas á exposición Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens, obradoiros familiares e concerto de rock no museo.
Visitas guiadas á exposición Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens.
Horario: 12:30 h e 18:30 h.
Exposición interactiva polas estancias da desaparecida Torre de la Parada, antigo pavillón de caza do rei Felipe IV, decorado cun proxecto pictórico no que participaron, entre outros, Peter Paul Rubens. O Museo conserva dous bosquexos da súa serie de pinturas mitolóxicas.
- Todas as visitas son de balde previa inscrición que se abrirá o luns 13 de maio, a partir das 10:00 horas.
- A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario web (un por cada persoa participante) e indicando a hora escollida.
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.
AFORO COMPLETO
Para máis información:
Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.