visitas guiadas AGP

Visitas guiadas á exposición "Alejandro González Pascual 1930-1993"

Do 8 de xaneiro ata o 2 de abril de 2022
-
18:30 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prazas:
15
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Sala de exposiciones temporales del museo

Programa de visitas guiadas á exposición "Alejandro González Pascual 1930-1993"

Desde o 8 de xaneiro ata o 2 de abril de 2022

 

 
visitasguiadasAGP
  • Visitas libres

Do 5 de marzo ao 2 de abril: sábados ás 18:30 horas.

Ata o 26 de febreiro: Venres e sábados ás 18:30 horas.

Previa reserva no correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

Duración aproximada: 60 min.

 

  • Visitas para grupos

Ata o 25 de febreiro.

Se pertence a algunha asociación ou grupo organizado e desexa unha visita guiada para o seu grupo, pode solicitala a través do seguinte formulario ou no correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

Duración aproximada: 60 min.


A mostra Alejandro González Pascual, 1930-1993 dedícase a unha das figuras máis singulares das últimas décadas do século XX da plástica galega. Conta con obras procedentes na súa meirande parte de coleccións privadas, moitas das cales expóñense por primeira vez, e ás que se suman pezas cedidas por institucións como o a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Delegación do Goberno en Galicia, o Museo Provincial de Lugo, a Real Academia Galega ou a Colección de Arte Abanca. 

As pezas presentadas nesta exposición estrutúranse en catro grandes bloques, baseados na súa reiteración de temas. Así, Natureza, Bodegón, Estudio e Retrato recollerán os exemplos que permitirán achegarse á obra e á atmosfera de González Pascual, un mundo repleto de lirismo, sutileza e autenticidade.

O Museo de Belas Artes da Coruña quere aportar unha renovada visión da obra e da traxectoria artística deste recoñecido pintor coruñés con esta mostra que poderá ser visitada ata o 27 de febreiro de 2022.


Para máis información: Alejandro González Pascual, 1930-1993