Visitas guiadas GRUPOS E ASOCIACIÓNS CULTURAIS "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

07.10.2025-12.12.2025
-
Martes a xoves, 17:30 e 18:30 horas
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Adulto
Prazas:
20

Dentro do marco da exposición A barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardoo Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para grupos e asociacións culturais para coñecer o percorrido creativo do artista, desde as artes plásticas ata o deseño industrial.


Datas: do 7 de outubro ao 12 de decembro de 2025

Horario:

  • Tardes: martes a xoves ás 17:30 e 18:30 horas
  • Para visitas en horario de mañá, contactar co Museo.

Información xeral:

A visita ten unha duración aproximada de 1 hora, en cada horario só poderá entrar un grupo de 20 persoas.

Todas as visitas son de balde previa reserva.

Inscrición:
  • Inscrición online aquí, indicando na mensaxe que a solicitude é para visitas á mostra A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo.
  • A través do correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal