Visitas guiadas GRUPOS E ASOCIACIÓNS CULTURAIS "Habana Mater. Luis Gabú"
22.09.2026-30.10.2026
-
Dentro do marco da exposición Habana Mater, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas guiadas para GRUPOS E ASOCIACIÓNS CULTURAIS para coñecer o percorrido creativo do artista, ademáis da historia do Centro Galego da Habana.
Datas: do 22 de setembro ao 30 de outubro de 2026
Horario: de martes a venres, en horario de apertura do Museo.
Información xeral: A visita ten unha duración aproximada de 1 hora, en cada horario só poderá entrar un grupo de máximo de 20 persoas.
Inscrición:
- Inscrición online aquí, indicando na mensaxe que a solicitude é para visitas á mostra Habana Mater (2003-2023). Luis Gabú.
- A través do correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal