Visitas guiadas á mostra "Habana Mater" dentro de CAbe

Venres, 18 de setembro ás 18:30 horas
Sábado, 19 de setembro ás 12:30 horas
-
CAPTCHA
Tipo:
Prazas:
Limitadas, previa inscrición

O Museo de Belas Artes da Coruña participa en CAbe coa realización de dúas visitas guiadas á mostra "Habana Mater (2003-2023). Luis Gabú", para achegarse ao percorrido creativo do artista e á historia do Centro Galego da Habana.


Datas: Venres 18 de setembro ás 18:30 horas e Sábado 19 de setembro ás 12:30 horas
Información xeral: A visita ten unha duración aproximada de 1 hora, cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 20 persoas. A visita do sábado 19 será impartida polo propio artista, Luis Gabú

Inscrición:
  • As visitas son de balde previa inscrición que se abrirá o mércores 16 de setembro ás 10:00 horas
  • A inscrición realizarase a través do seguinte formulario, indicando a data correspondente: 18 ou 19 de setembro.
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo. 
  • No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.