VISITAS GUIADAS: O Barroco (Sala 2)

18 de maio ás 12:15 horas e 24 de maio ás 18:00 e 20:00 horas
-
Sentímolo ... Este formulario está pechado a novos envíos.
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio e a Noite dos Museos o seguinte sábado, 24 de maio cunha programación especial. Ademais, o 24 de maio haberá apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.

Os museos son máis que espazos de conservación, son activos partícipes na configuración de comunidades. E, como motores culturais que son, deben xerar espazos e dar respostas, dunha forma sostible e inclusiva, a unha sociedade cada vez máis diversa.


Visita guiada: O Barroco (Sala 2)

A sala 2 dedícase á pintura barroca europea do século XVII, con exemplos de España e Flandres, con especial incidencia da pintura mitolóxica, na que Rubens ten un protagonismo fundamental.

Día dos Museos: 18 de maio, ás 12:15 horas.
Noite dos Museos: 24 de maio, dúas quendas: ás 18:00 ou ás 20:00 horas.

Inscrición:

 

  • Todas as visitas son de balde previa inscrición:
    • Visita do día 18 de maio: apertura da inscrición o luns 12 de maio ás 10:00 horas.
    • Visitas do día 24 de maio: apertura de inscrición o luns 19 de maio ás 10:00 horas.
  • A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario web (un por cada persoa participante) e indicando o DÍA e a HORA escollida.
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo. 
  • No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.