VISITAS GUIADAS: O Rexionalismo (Sala 5)

18 de maio ás 12:30 h e 24 de maio ás 18:15 e 20:15 h
-
Sentímolo ... Este formulario está pechado a novos envíos.
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio e a Noite dos Museos o seguinte sábado, 24 de maio cunha programación especial. Ademais, o 24 de maio haberá apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.

Os museos son máis que espazos de conservación, son activos partícipes na configuración de comunidades. E, como motores culturais que son, deben xerar espazos e dar respostas, dunha forma sostible e inclusiva, a unha sociedade cada vez máis diversa.


Visita guiada: O Rexionalismo (Sala 5)

Na sala 5 preséntase a obra dos principais artistas do Rexionalismo, nados en Galicia nas últimas décadas do século XIX, que buscan a aproximación á cultura popular galega a través da paisaxe, as xentes e os costumes. Ademais,  a muller conta cun espazo definido, pois comeza a ter cada vez máis relevancia, non soamente dende o punto de vista iconográfico, senón tamén como creadora.

Día dos Museos: 18 de maio, ás 12:30 horas.
Noite dos Museos: 24 de maio, dúas quendas: ás 18:15 ou ás 20:15 horas.

Inscrición:
  • Todas as visitas son de balde previa inscrición:
    • Visita do día 18 de maio: apertura da inscrición o luns 12 de maio ás 10:00 horas.
    • Visitas do día 24 de maio: apertura de inscrición o luns 19 de maio ás 10:00 horas.
  • A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario web (un por cada persoa participante) e indicando o DÍA e a HORA escollida.
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo. 
  • No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.